Desde a Concellería de Cultura e Igualdade apostamos pola lectura como espazo de encontro, de reflexión, de reivindicación. Os libros son unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento dos nenos e das nenas. A través da realidade e da fantasía, promoven a igualdade e o respecto e axúdannos a entender, cuestionar e cambiar o inxusto do mundo que nos rodea.

Apostamos pola lectura como un xeito de achegarnos á nosa identidade, á nosa cultura, pero tamén como a fiestra á que asomarnos para mirar outras realidades.

Deste convencemento nace a SEMANA DAS LETRAS E A LECTURA DE SARRIA, coa intención de iniciar un camiño que se convirta en encontro anual arredor da literatura infantil e xuvenil. Este ano poñemos o foco na temática “Mulleres de conto”, coa vontade de visibilizar o papel das mulleres como creadoras, protagonistas, mediadoras, históricamente e na actualidade, no mundo da LIX. Convidámosvos a gozar desta iniciativa desde a escola ou en familia. Boa semana e boas Lecturas!