LUNS 6 de maio

Unha praia particular

A imaxinación da gran Lilí Gruyére non ten límite! Como en Lonxedetodo ultimamente non para de chover, decidiu montar unha praia particular… na Casa da Cultura! Contacontos a cargo de TRINKETRINLE TEATRO.

Contos pola igualdade

*Actividade integrada en Vivas e Visibles. Programa Municipal pola igualdade, a cargo de Raquel Queizás

Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de princesas rosas e apoucadas e de príncipes azuis e insensibles e un día dixo basta xa!

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos somos iguais. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.

Obradoiro de guión audiovisual

A actividade de guionista a cargo de Manuel Darriba: perspectivas profesionais e formación. Cualidades que require o traballo de guionista. Fases de traballo, da idea á pantalla: biblia, argumentos, diálogos. Exemplos dos distintos formatos. Peculiaridades dos xéneros (drama, comedia, thriller…), produtos (series, webseries, películas…) e canles de exhibición (televisións, plataformas, internet).

MARTES 7 de maio

Antón Fraguas no bosque da Moura

Este ano dedícase o Día das letras galegas a Antón fraguas, un home ben interesante que dedicou a súa vida a coñecer os lugares e as historias das que viviron antes ca nós. A Moura e Antón atópanse no bosque e van xuntas a través da cova do tempo a eses lugares. Se os acompañades coñeceredes de primeira man esas historias. Quen se apunta? Contacontos a cargo de ISEO AGILDA.

Cinema de historias

Unha maleta vella esconde, como se de unha “cápsula do tempo” se tratase, os recordos dunha nena chamada Alice, unha gran contadora de historias. Descubriremos o poder que teñen as imaxes e o cinema  para transmitir historias da man de Alice Guy, a nai da sétima arte e veremos fragmentos  das primeiras películas e das primeiras animacións. Contacontos a cargo de RAQUEL QUEIZÁS.

Obradoiro de RAP

Actividade de Rap no que aprenderemos a escribir e interpretar versos en lingua galega, traballando con ritmos urbanos pero achegándonos ás figuras literarias do noso país. Obras de poetas e escritores ilustres levadas ao Rap. Taller a cargo de VELLA ESCOLA.

MÉRCORES 8 de maio

Os contos de Pablísimo

Obxectos que ninguén usa, instrumentos de música que fan ruídos imposibles, libros exóticos, teas de moitas cores, figuriñas que andan soas, cousas que nin se sabe para que son! Todo serve para contar contos tan interesantes como O paroleiro, O Contiario, Principas e princesos, Contos con ovos ou contos coas mans.

Fantasía musical

Co obxectivo de divertirnos coas palabras, gozaremos de cada unha das 23 cancións (unha peza para cada letra do abecedario), compiladas no libro disco Fantasía coas palabras, editado na Colección Sonárbore da editorial Galaxia. Textos cheos de fantasía para achegar a poesía ás crianzas.Pop, hip hop, rock and roll e incluso matices de swing nun concerto dinámico, con moita interacción co público, onde diferentes personaxes, moi divertidas, van aparecendo con cada canción. Concerto a cargo de MARÍA FALTRI e JORGE JUNCAL.

XOVES 9 de maio

Cores e persoas

Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas xogan: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas… ou é un can de palleiro?
Xogamos a tensar os límites entre os contacontos, os monicreques e a pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, onde case nada é o que parece.

O segredo do tendal

Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas xogan: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas… ou é un can de palleiro?
Xogamos a tensar os límites entre os contacontos, os monicreques e a pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, onde case nada é o que parece. Contacontos a cargo de Raquel Queizás.

Obradoiro de RAP

Actividade de Rap no que aprenderemos a escribir e interpretar versos en lingua galega, traballando con ritmos urbanos pero achegándonos ás figuras literarias do noso país. Obras de poetas e escritores ilustres levadas ao Rap. Taller a cargo de VELLA ESCOLA.

Obradoiro de Grafitti

O Graffiti é a manifestación pictórica que acompaña ao movemento cultural do Hip Hop desde o seu comezo. A estética do Graffiti baséase na caligrafía do propio nome ou AKA (alcume) que pode ir acompañada dalgunha figura pictórica e que é realizada principalmente con espirais sobre diferentes soportes, sendo os muros os máis utilizados para plasmar este tipo de inscricións. O Graffiti utiliza o aerosol para comunicar ideas, inquedanzas e preocupacións da sociedade a través da pintura mural. Taller a cargo de VELLA ESCOLA.

VENRES 10 de maio

O xornal de Lonxedetodo

En Lonxedetodo publícase un xornal que informa das principais novidades da aldea e do mundo. Hoxe a nova máis salientable é a xira de presentación do novo disco  da gran Lilí Gruyére! Pero o xornal tamén inclúe seccións como pasatempos ou “O mundo dos contos”. Contacontos a cargo de TRINKETRINKE.

Un punto negro, un millón de historias

A creatividade está por todas partes e, aínda que non o pareza, podemos inventar unha historia a partir de un simple punto negro.  Nesta actividade, e dun xeito divertido e abraiante, sacaremos o autor/a que levamos dentro. Cos consellos e debuxos do autor e ilustrador Anxo Fariña, transformaremos simples obxectos en personaxes incribles, protagonistas de grandes aventuras. Taller de ilustración a cargo de ANXO FARIÑA.